sábado, 14 de abril de 2012

CENTENARIO CELSO EMILIO FERREIRO

CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1] Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989


IRMANS

Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e tí negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmáu che falo.
Común témos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmáu che falo.  
 








lunes, 2 de abril de 2012

DIA INTERNACIONAL DEL LIBRO INFANTIL

2 de abril: Día Internacional do Libro Infanti

 día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen

As datas significadas, coma esta, poden ser útiles para insistir nos beneficios da lectura, na necesidade de ofrecer ao alumnado textos de calidade que os axuden a medrar como cidadáns xustos e felices. Aínda que estas celebracións por si soas non consiguen nada, cando vaian acompañadas de actividades sistemáticas, de tempos e espazos para a lectura (na familia e na escola), e de bos libros (en papel ou en pantalla), seguramente poidamos avanzar como sociedade lectora, máis culta e máis igualitaria.




Santiago de Compostela, 2 de abril de 2012.- Os lectores máis novos poderán descubrir a vida e a obra do protagonista das Letras Galegas 2012 a través da publicación Valentín Paz-Andrade. Biografía e antoloxía, unha obra da autoría de Charo Portela que acaba de publicar Edicións Xerais de Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O libro, que inclúe un relato ameno e detallado sobre o escritor e empresario