lunes, 22 de diciembre de 2014

EN NADAL UN LIBRO

CON ESTA ÁRBORE DE NADAL FEITO CON PORTADAS DE LIBROS DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E LECTURAS PARA ESTE NADAL.



domingo, 14 de diciembre de 2014

miércoles, 3 de diciembre de 2014

CIENCIA E LIBROS "XAVIER ALCALÁ"

Xavier Alcalá visitounos o mércores 19 de novembro. Deu unha charla ao alumnado de 4º de ESO (39 alumnos) sobre ciencia e libros. A súa visita estivo xestionada a través do concello de Fene en  relación ao fomento da lectura de ciencia na biblioteca escolar.





http://es.wikipedia.org/wiki/Xavier_Alcal%C3%A1

XAVIER ALCALÁ (PARA COÑECER A SÚA VIDA E OBRA FACEDE CLIC NA IMAXEN)
 
http://xavieralcala.blogaliza.org/biografia-2/
Alcalá, Xavier
AGASALLOUNOS CON VARIOS EXEMPLARES DOS SEUS LIBROS
 

FUMES DE PAPEL E LATITUDE AUTRAS

Desde o subtrópico ás illas veciñas da Antártida, e durante as décadas da chamada conquista interior dun dos grandes países iberoamericanos, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura viven, sofren, aman e odian. Unha novela estruturada en seis relatos encadeados que rematan no mesmo instante.
 
 
 
 Fumes de papelNovela sinxela e realista que chama a atención sobre a incapacidade do pobo galego para explotar os recursos do país. Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue in ... Leer resumen completo
 
 
 
 
 
 
 

martes, 25 de noviembre de 2014

CHARLA NA BIBLIOTECA SOBRE BANDA DESEÑADA

 VISITA DE SABELA HERRERO O MARTES 18 DE NOVEMBRO DE 2014
Deu unha charla ás 11 para 1º de ESO sobre cómo se fai un cómic e despois do recreo dúas charlas para 3º de ESO e os alumnos de 4º de plástica e os membros do club de lectura xa que estamos a ler o cómic de Mafalda e xa temos lido a mansión dos Pampín
 
SABELA HERRERO
 Es informadora turística y trabaja en Coruña en la empresa Viñetas dende o Atlántico do concello da coruña que organiza a exposición sobre cómic que se fai nesta cidade a finais do verán. Gústalle a Historia e a Arqueoloxía e tamén as belas artes

 https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=5462&mailbox=SU5CT1g&uniq=1416941648258
COMICS RECOMENDADOS

Este ano a nosa biblioteca adquiríu unha selección de bandas deseñadas para que poidades coller en préstamo. Se non coñeces o mundo do cómic, agora podes descubrilo cos seguintes títulos:

A partir de 12 anos:
- INAZUMA ELEVEN (manga)
- ONE PIECE (manga)
- PETACO (humorístico)
- SPIROU Y FANTASIO BRAVO (aventuras)
- LA MEMORIA DEL AGUA (fantasía)
- NEANDERTAL (aventuras)

A partir de 14 anos:
- SOLOS (aventuras)
- MÁIS ALÁ (historia protagonizada por Castelao)
- OS LOBOS DE MOECHE (historica ficticia/aventura)
- A TORRE DOS MOUROS (historica ficticia/aventura)

A partir de 15 anos:
- O FILLO DA FURIA (historica ficticia/aventura)
- PERSÉPOLIS (novela gráfica)
- ALDEBARÁN (fantasía)
- PYONGYANG (novela gráfica)
- MAUS (novela gráfica)

Accede á páxina web da libraría Komic de Santiago para ver as súas recomendacións de bandas deseñadas para xoves lectores. Podes escoller xénero e veñen sinaladas as idades mínimas recomendadas para cada publicación. Consulta clicando AQUÍ.
____________________________________________________________







domingo, 23 de noviembre de 2014

OS NENOS DA XUNQUEIRA FORON AO TEATRO DE NARÓN


OS NENOS DE INFANTIL DISFRUTARON DA OBRA DE TEATRO CONSTELACIONES NO TEATRO DE NARÓN



CONSTELACIONES DE Aracaladanza
TRABALLAN COAS  CORES E AS FORMAS DE MIRÓ DÁNDOLLES MOVEMENTO SOBRE O ESCENARIO. 

 OS NENOS DO 1º E 2º CICLO DE E.P. ASISTIRON A OBRA ALEGRÍA, PALABRA DE GLORIA FUERTES DO GRUPO DE TEATRO MALTA.


Doña Pito Piturra y el señor Antropelli, trabajadores del antiguo Circo Cocodrilo, viven rodeados de cuentos y poemas de Gloria Fuertes, no tienen otra cosa, y, además, creen ser ella. Ambos creen ser la poeta. El intento de cada uno de ellos por convencer al otro de su error, da lugar a una serie de juegos y escenas inspirados en los cuentos de Gloria Fuertes.


OS NENOS DO 3º CICLO DE E.P. ASISTIRON A OBRA A CASA DO AVÓ DO GRUPO TANXARINA



TÍTULO:  A CASA DO AVÓ
AUTOR:  Tanxarina Títeres
DIRECCIÓN:  Cándido Pazó
COMPAÑIA:  Tanxarina Teatro
ELENCO: Actores – manipuladores: Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez

SINOPSE:
Un neno recibe o aviso de que seu avó vai quedar sen casa porque un banco lla quere quitar. A partir dese momento o neno ponse en marcha para atopar unha solución e nesta busqueda, descubrirá e aprenderá unha morea de cousas. Un desafihuzamento, unha historia cunha temática dramática levada a escea dende unha perspectiva divertida, deliberadamente inxenua e manifestamente positiva. Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores, van máis ala do puramente artístico. Entendemos que os máis pequenos teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade ... pero tamén entendemos que teñen dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística, a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada e en condicións de ig
















 

domingo, 26 de octubre de 2014

DÍA DE LA BIBLIOTECA


 El 24 de octubre y por iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil  se celebra el DÍA DE LA BIBLITOECA como homenaje y reconocimiento a la labor que desempeñan los bibliotecarios.

Día de la biblioteca 2014
Nesta data, e diante dos momentos de cambios que sofren as bibliotecas, pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 enunciou "as 5 leis da biblioteconomía":
  1. Os libros están para usarse.
  2. A cada lector o seu libro.
  3. A cada libro o seu lector.
  4. Hai que aforrar tempo ao lector.
  5. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza, atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos de Galicia.

domingo, 19 de octubre de 2014

PREPARANDO O SAMAÍN: RECURSOS

Volve a noite dos mortos...

Está a piques de chegar de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos.

MATERIAIS PARA CELEBRAR O SAMAÍN



O Samaín é unha tradición galega de orixe celta que se perde na noite dos tempos.
Predecesora da festa de Halloween, recuperouse hoxe en día grazas ao traballo realizado en moitas escolas e concellos de Galicia.

A continuación vos deixo unha serie de recursos e enlaces para traballala nas aulas. Algúns son específicos do Samaín e outros para Halloween, aínda que igualmente aproveitables


Recursos atopados no blog http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/


Vieiros da escolaPáxina xestionada por Nova Escola Galega con información sobre esta celebración
Xogos e actividades para o SamaínEEII do Grupo de Marín
Web de NorbertoPáxina na que podedes atopar recursos e enlaces para traballar o Samaín na aula
BibliotecaMestres Goldar




CEIP Víctor Sáenz
Recursos para traballar o Outono, o Magosto e o Samaín



Recursos para traballar o Magosto
Actividades LIMActividades para o Outono e o Samaín
Manualidades Infantil 







Decora a casa da pantasma
Neste blog atoparedes moitas ideas para realizar traballos de plástica para decorar a escola




Sinxela aplicación que permite decorar acasa das pantasmas
Halloween: Wanda Witch's HouseAplicación da Junta de Castilla y León para a clase de inglés
Happy Halloween!Actividades sobre a festa de Halloween organizadas en tres niveis de dificultade. Da páxina de recursos do Gobierno de Canarias
Profes.netPropostas desta páxina de actividades para infantil e primaria
Lola Pirindola






Pinta a túa propia cabaza



Vestir de Halloween
Enlace a esta páxina cunha aplicación para facer escenarios interactivos



Aplicación para decorar cabazas




Aplicación para vestir ao boneco para a festa de Halloween
MATERIAIS CON TEMÁTICA HALLOWEENEnlace á páxina de Orientación Andújar cun recompilatorio de materiais que empregan debuxos relacionados con esta festa
RECURSOSEPNeste enlace podedes atopar multitude de recursos para celebrar Halloween, así como enlaces a outras páxinas




CLAN TVEspecial Halloween desta cadena con vídeos e xogos 





MARCAPÁXINAS: Na páxina de Isidro Burgos atopei estes marcapáxinas de Halloween coas táboas de multiplicar




Tamén, moi apropiados para estes días, son os marcapáxinas monstruosos. Nesta entrada do blog Lapicero Mágico, a súa autora explica como facelos 




Máis recursos...






Halloween para niños: wix con información, cancións, contos, bailes...  para traballar no día de Halloween en todas as etapas


Happy Halloween!: xogo para tirar cabazas aos monstros










Halloween vocabulary: libro interactivo en inglés para  aprender vocabulario

PELÍCULAS DE MEDO
O FEITIZO DO SAMAÍN
MAIS RECURSOS PARA O SAMAÍN

http://espeteacher.edu.glogster.com/halloween-2014/


domingo, 21 de septiembre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR......MATEMÁTICO!!!!


Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

JUEGO MATEMÁTICO (TANGRAN CHINO)

PINCHAR EN LA IMAGEN Y ANIMAROS A JUGAR

miércoles, 11 de junio de 2014

miércoles, 4 de junio de 2014

ENTREVISTA DOS NENOS DE 3º E.P.

OS NENOS/AS DE 3º E.P. FIXÉRONLLE UNHA ENTREVISTA A EUGENIO O CONSERXE DO COLEXIO.
 FELICITALOS POLO BEN QUE O FIXERON E DARLLE AS GRAZAS A EUXENIO POLA SUA COLABORACIÓN

martes, 3 de junio de 2014

POESÍA PAULA CARBALLEIRA

 PAULA CARBALLEIRA "UNHA NOITE".

UNHA NOITE SOÑEI COA ÁFRICA
NO MEU SOÑO NON HABÍA ELEFANTES
NIN CEBRAS
NIN MONOS
NIN XIRAFAS
NIN LEÓNS
NO MEU SOÑO HABÍA UN NENO
UN NENO QUE SORRÍA
UN NENO QUE DICÍA:
"ESTA É A MIÑA TERRA
A TERRA MÁIS BONITA DO MUNDO
A TERRA DA QUE NINGUÉN SE LEMBRA
PERO EXISTE
E EU VIVO AQUÍ
VEN VISITARME CANDO QUEIRAS"
                                                                                                            PAULA CARBALLERIA