domingo, 23 de marzo de 2014

XAQUÍN MARÍN


Xaquín Bieito Marín Formosonado no Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego recoñecido no propio país e mais fóra das fronteiras galegas
.Un dos autores máis clásicos das viñetas galegas, sobre el recae a honra de ser, xunto con Raimundo Patiño, fundador da banda deseñada galega. En 1975 editou con Patiño "2 Viaxes", o primeiro álbum do noso cómic. Desde entón ten compaxinado ilustración, BD e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Asinou álbumes de BD como "Ratas", "Gaspariño" (dous volumes) e "Dos pés á testa". Ten colaborado cunha infinitude de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo". Ten colaborado regularmente coa revista "Golfiño" nas súas dúas etapas. Defensor das libertades e da língua galega nos anos finais da dictadura, contribuiu activamente a iniciativas artísticas posteriores como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). Xaquín é a alma mater e director do Museo do Humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.
Ten recibido numerosos premios polo seu labor de ilustrador e humorista. Premio Ourense de BD, 1º da Vienal de Bávaro, duas paletas Agromán......

OBRAS PUBLICADAS
RATAS 
« Ratas é unha obra que utilizando como soporte a ciencia ficción chama a atención sobre os excesos da tecnoloxía do mundo. Uns excesos que fan que as máquinas se vaian apoderando da terra e que o home teñan cada vez menos lugar para si (...), os homes mestúranse coas ratas para crear unha raza nova, que será a que recupere o lugar que os humanos ocuparon nun principio. 


GASPARIÑO

Segundo libro recopilatorio de tiras de historieta da serie Gaspariño con 104 páxinas Editado por Xerais cinco anos despois do primeiro libro recopilatorio de Gaspariño de Edicións do Rueiro. As 103 tiras de historieta recopiladas foron reunidas esta vez baixo diversos exes temáticos como a emigración ou o progreso.