sábado, 30 de abril de 2016

VISITA DE SUSO BELLO E JUAN GALIÑANES AO C.P.I. A XUNQUEIRA

SUSO BELLO
 Suso Bello
Premiado director de fotografía, exerceu no CAI (A Coruña, 1990-96) e desde 1997 en Adivina Producciones. Ademais de programas de TV (“A noite das Badaladas”, “Galicia en peligro”, “O Tragaluz”, “Salsa Verde”), os videos institucionais, spots, telefilmes e curtametraxes (“Procedimiento A3”, “Canle Aberta”, “Batea”, “Agüela”) constan tamén no seu diversificado curriculum. Foi membro fundador da Academia Galega do Audiovisual.
 Premio Mestre Mateo 2011 (entregado en 2012) á mellor dirección de fotografía, por “Doentes”.
Unitarias. Historia dun mestre galego” ven de ser nomeada aos premios da Academia Galega do Audiovisual, os “Mestre Mateo 2016”, na categoría de Mellor Documental.
A súa páxina web http://www.adivina.com/

JUAN GALIÑANES
Imagen de perfil de Juan GaliñanesJuan Galiñanes é realizador, guionista e montador. Na actualidade trabllja como freelance ao mesmo iempo que prepara o seu novo proxecto de largometraxe, Fatum(título provisional) coa  productora galega Vaca Films, quen recentemente  adquiridiu tamén os dereitos de outro guión seu, Quien a hierro mata.

O creador cambadés, Juan Galiñanes, nominado pola súa creación Holy Night! Noite de ¿Paz? ós premios Goya na categoría de Mellor Película de animación. 



martes, 26 de abril de 2016

AVÓ/A, CÓNTAME UN CONTO

Dentro das actividades organizadas pola biblioteca para conmemorar o Día do Libro contamos coa visita dos avós de Brais, Jon , a madriña de Samuel e a avoa de Sara. Como ides  ver nestas fotos,  resultaron moi interesantes ....¡moitas grazas e moitos bicos, avós!
 OLGA MADRIÑA DE SAMUEL DE 5 ANOS
CONTOUNOS "O MONSTRUO DE CORES" E "CHOCOLATA"








 CHELO AVOA DE SARA DE 5 ANOS CONTOUNOS O CONTO DO "GATO CON BOTAS"









FACEDE CLIC NA IMAXEN PARA VER O VÍDEO

UNHA EXPERIENCIA PRECIOSA!!!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

martes, 19 de abril de 2016

lunes, 18 de abril de 2016

EL VIAJE DEL VIKINGO SOÑADOR


PARA LOS ALUMN@S DE 6º E.P. EL DÍA
20 DE ABRIL
el viaje del vikingo soñador-ana merino norberto-9788468087498

EL VIAJE DEL VIKINGO SOÑADOR (EN PAPEL) 
ISBN 9788468087498

ANA MERINO NORBERTO , SANTILLANA, 2015

DATOS DEL LIBRO
  • Nº de páginas: 112 págs.
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editorial: SANTILLANA
  • Lengua: CASTELLANO
  • ISBN: 9788468087498
  • 23973 libros de Literatura 9 a 12 años
RESUMEN DEL LIBRO
El vikingo no tenía
demasiadas posesiones,
nunca quiso estar atado
a la vida de la aldea
con sus abetos dormidos
y sus inmensas hogueras.

Un sorprendente viaje hacia el lugar donde habitan las respuestas, donde se esconde el verdadero amor.

sábado, 16 de abril de 2016

O VENRES DISFRUTAMOS COS CONTOS DE ERICA GONZÁLEZ MIGUEL

EL MONSTRUO DE COLORES, A QUE SABE A LUA, EL RATONCITO PÉREZ, LA CEBRA CAMILA Y LA PRINCESA y EL PIRATA. 

CONTOS COS QUE DISFRUTARON OS ALUMN@S DE E.I DA XUNQUEIRA.

domingo, 10 de abril de 2016

EU LEO... E TI?

 DÍA DO LIBRO 2016
SOMOS MOITOS OS LECTORES DESTE CENTRO E ENTRE TODOS QUEREMOS FACER UN MURAL PARA A BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO 2016
PARA PARTICIPAR:
  1.  FAITE UNHA FOTO LENDO.   PODE SER NA TÚA HABITACIÓN, NUN PARQUE, ESPERANDO O AUTOBÚS, DE PÉ, SENTADO...O IMPORTANTE É QUE SE CHE VEXA LENDO! 
  2. ESCOLLE UN FRAGMENTO DUN LIBRO QUE LERAS OU UNHA CITA.   UNHA DESCRIPCIÓN, UN PENSAMENTO, UN INICIO... CALQUERA FRAGMENTO QUE CHE GUSTARA POLO QUE FORA.  PON TAMÉN AO FINAL DA CITA O TÍTULO DO LIBRO E O NOME DO AUTOR. PON O TEU NOME E CURSO NA PARTE INFERIOR.

ANÍMATE A PARTICIPAR!
DATA DE ENTREGA 18 ABRIL
ENTRÉGALLO AO TEU TITOR OU NA BIBLIOTECA.

martes, 5 de abril de 2016

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ"


 A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz, é boísimo. Feroz a tranquiliza e  dille que o mande a suá casa, que él  vaise  encargar de convertilo  nun verdadeiro lobo feroz. Lobito visita o seu tío e intenta facer o que él lle pide, aullar fieramente, cazar coelliños, asustar a Caperucita, comerse a  aboa..., pero sempre o estropea:  séntase a comer unha ensalada cos coelliños,  fanse amigo de Caperucita e toma o té coa aboa. O colmo será cando prepare un pastel de zanoria.


El Hematocrítico
El Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito. Colabora en Cinemanía, a revista Mongolia, o programa Top Chef y  publicou varios libros, entre eles El Hematocrítico de arte e Drama en el portal. Ademáis, é mestre de Educación Infantil, Inglés y Primaria.
Alberto Vázquez
Alberto Vázquez é licenciado en Bellas Artes pola universidade de Valencia, cursou estudios na Escola Massana de Barcelona. Debuxante  en xeral, e en particular de comics, os seus libros foron  editados en España, Francia, Italia y Brasil. Colaborador habitual do diario El País, Vázquez ilustra en multitude de revistas nacionáis e internacionáis. Dirixiu o curto Birdboy, basado no seu cómic Psiconautas, galardonado co Goya ao mellor curtometraxe de animación e premiado en más de 30 festiváis internacionáis.

lunes, 4 de abril de 2016

VISITA DE ANDREA MACEIRAS AO CPI A XUNQUEIRA

PARA COÑECER A OBRA DE ANDREA MACEIRAS FACEDE CLIC NA IMAXE


VISITA DE ANDREA MACEIRAS AO CPI A XUNQUEIRA

O pasado martes día 29 de marzo , visitou o noso cole a xove escritora coruñesa Andrea Maceiras. Nacida na  Coruña en 1987, é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Escribe poesía, relatos curtos e novelas máis longas e xa ten recibido numerosos premios dende a publicación da súa primeira novela xuvenil no ano 2007 titulada “Proxecto Bolboreta”.

En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015). Esta é a obra que están a ler os nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO e que foron os que puideron disfrutar das palabras desta escritora nova e con gran talento nun encontro que tivo lugar na biblioteca.











domingo, 3 de abril de 2016

OS ALUMNOS DA XUNQUEIRA PARTICIPAN NO PROGRAMA "ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"

Éxito da xornada de clausura do programa "Adeus Rios, Adeus Fontes"

1 de abril de 2016
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, foron os encargados de inaugurar e pechar o evento, respectivamente

Ao redor de 250 alumnos/as de Primaria dos colexios Centieiras, A Xunqueira, O Ramo, Jorge Juan e Os Casais participaron esta mañá na plantación de árbores autóctonas coa que o Concello de Fene celebrou este ano de xeito conxunto o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. O acto, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, completouse cun pequeno recital de poesía que serviu ademais para homenaxear ao poeta Manuel María, ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas.
Ao redor das dez da mañá chegaron os nenos/as participantes ao entorno do parque liñal de Vilanova, escenario desta actividade coa que se puxo o broche final ao programa “Adeus ríos, adeus fontes”. O acto comezou coa benvida do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e cunhas pequenas explicacións a cargo do enxeñeiro técnico agrícola que dirixiu a plantación, Antón Muñiz.
A continuación, organizados en grupos e coordenados polo persoal municipal de Xardinería e polos monitores/as contratados pola Concellería de Medio Ambiente, os nenos/as plantaron un total de 31 árbores de distintas especies. Ao remate desta primeira parte do acto, os nenos/as tiveron tempo para coñecer o entorno e participar en distintos xogos populares.
A xornada de clausura do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, completouse cun recital poético, con versos de Manuel María, a cargo d@s alumn@s Breixo e Andrea, do Ceip Os Casais, Gabriela, do CPR Jorge Juan, Aarón (que leu un poema da súa autoría), do Ceip O Ramo, Roi, do Ceip Centieiras e Laura, do Cpi A Xunqueira.
A concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, pechou o acto convidando aos rapaces/as a voltar no futuro ao parque de Vilanova para facer seguemento da evolución das árbores que prantaron e para profundizar no coñecemento das distintas especies que, dende hoxe, medran na zona.
O evento contou coa colaboración dun grupo de voluntarios/as de Protección Civil de Fene.

DÍA DA ÁRBORE NOS COLEXIOS DE FENE

Á par que se desenvolvía esta mañá entre Fene e Sillobre a plantación e o recital de poesía organizado polo Concello, os colexios que participaron no proxecto “Adeus ríos, adeus fontes” realizaron tamén ao longo da mañá -a nivel interno- distintas actividades para conmemorar o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. En primeiro lugar, os/as alumnos/as realizaron unha plantación simbólica sobre unha árbore de papel de poemas alusivos ás tres efemérides. E para completar a xornada, ás 12 do mediodía (de xeito simultáneo), houbo tamén nos distintos colexios recitais de poesía para homenaxear a Manuel María.