miércoles, 29 de junio de 2016

PROXECTO QUÉROTE +

TRABALLO REALIZADO DENTRO DO PROXECTO QUÉROTE + COS ALUMNOS DE E.S.O.

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER A PRESENTACIÓN

martes, 21 de junio de 2016

ALUMN@S DE 5º E.P. REALIZAN UN TRABAJO SOBRE "LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS"

ALUMNOS DE 5ºE.P. PERTENECIENTES AL CLUB DE LECTURA EXPLICAN A LOS DE 5 AÑOS "LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS"
UN TRABAJO REALIZADO EN EL CLUB DE LECTURA Y REALIZADO POR ELLOS MISMOS
 UN MAPAMUNDI CON EL RECORRIDO REALIZADO POR PHILEAS FOGG PARA DAR LA VUELTA AL MUNDO 

LOS POWER POINT REALIZADOS POR ELLOS.
>

domingo, 12 de junio de 2016

sábado, 11 de junio de 2016

EXPOSICIÓN DE MARIÑA GÁNDARA SERANTES NA CASA DA CULTURA DE FENE


A mostra poderá visitarse dende o luns 13 de xuño ata o venres 8 de xullo na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura – Museo do Humor de Fene, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. A partir do xoves 23 de xuño (incluído), o horario será, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

viernes, 10 de junio de 2016

"EL MAR SIN FONDO" NOVELA DE JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ TAÍN

O xuíz Jose Antonio Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela

10 de xuño de 2016
El mar sin fondo, a última novela do xuíz e escritor José Antonio Vázquez Taín, se presentará o vindeiro luns 13 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Fene.
José Antonio Vázquez Taín é un dos xuíces galegos máis populares, coñecido pola súa proximidade, humildade e capacidade de traballo. No seu primeiro destino, Vilagarcía de Arousa, obtivo extraordinarios resultados na súa loita contra o narcotráfico -retirou do mercado máis de 50 toneladas-, aprehendendo en 2003 o maior alixo de cocaína do século en España. Máis adiante, exercendo en Santiago de Compostela, ocupouse da instrución de asuntos de enorme repercusión, entre outros, o roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino e o asasinato de Asunta Basterra. Actualmente exerce, como xuíz do Penal, na Coruña.
En 2013 publicou a súa primeira novela, titulada Santiago, la leyenda del santo oculto, e en 2014, Al infierno se llega de prisa, en Espasa.
Co motivo da presentación deste libro, a biblioteca municipal Xosémaría Pérez Parallé anuncia  ao longo do mes de xuño (dende o 13 de xuño ata 1 de xullo) unha mostra bibliográfica da novela negra galega na que se amosará clásicos e actuais deste xénero, como Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa, Á de mosca, de Aníbal Malvar, A praia dos afogados, de Domingo Villar,  Un nicho para Marilyn, de Miguel Anxo Fernández, "Miss Ourense", de Bieito Iglesias, A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, In vino veritas, de Francisco Castro, "A noite enriba" de Diego Ameixeiras, etc.
Sinopse de "El mar sin fondo": "O expresidente do goberno, un home cunha traxectoria fulgurante na política, que desde os comezos da Transición foi un dos principais puntais dos sucesivos gobernos de España, aparece morto nun piso de Ourense.

Mentres as especulacións desátanse en todos os medios de comunicación, tras unha rápida investigación, o caso péchase como unha morte accidental, un diagnóstico que, con todo, deixa moitos cabos soltos.
 Neste punto a viúva do expresidente require os servizos dunha avogada coruñesa, co fin de que lle vaia informando dos avances policiais. Moi pronto, entre as dúas mulleres establécese unha corrente de simpatía e confianza que fai que a letrada senta implicada case persoalmente nun caso cada vez máis turbio e que parece que desencadeou unha serie de mortes na contorna do político falecido."

lunes, 6 de junio de 2016

RECITAL POÉTICO "MANUEL MARÍA"


PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO NOSO CENTRO FIXEMOS UNHA ESPECIAL HOMENAXE A MANUEL MARÍA RECITANDO OS SEUS POEMAS.
SE PREMEDES NA SEGUINTE IMAXE PODEREDES VER O RECITAL:

sábado, 4 de junio de 2016

ATRÉVETE A TER UNHA IDEA

Entrega de premios do certame ‘Atrévete a ter unha idea!’, que recoñeceu o traballo de 23 estudantes de 6º de Primaria e 2º de ESO. O noso compañeiro de 6º de EP, Adrián Martínez Tornín foi un dos premiados. Noraboa!!!!
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19164