jueves, 26 de abril de 2018

OS ALUMN@S DO CLUB DE LECTURA FAN UN ROTEIRO LITERARIO

O ROTEIRO LITERARIO TIVO LUGAR O MÉRCORES VISITANDO LUGARES COMO SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, CEDEIRA, SAN SADURNIÑO... 
OS ALUMN@S DE 4º -5º-6º E.P. e 1º-2º-3º-4º E.S.O. DO CLUB DE LECTURA DO COLEXIO A XUNQUEIRA TIVERON A OPORTUNIDADE DE COÑECER ESTES LUGARES ASÍ COMO COÑECER DISTINTAS LENDAS DO LUGAR.
PARA VER MÁIS FOTOS IR AO FACEBOOK DO COLEXIO https://www.facebook.com/axunqueirafene
La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y exterior

La imagen puede contener: 3 personas, personas de pie

La imagen puede contener: 7 personas, personas de pie e interior

La imagen puede contener: una o varias personas, cielo, exterior y naturaleza

75 ANIVERSARIO DE "EL PRINCIPITO"

Considerada la obra francesa más leída y vendida en la historia, El Principito, de Antoine de Saint-Exupéry cumplió este 6 de abril 75 años. Fue publicada por primera vez, en inglés y francés, bajo el sello de Reynal & Hitchcock. Tres años después, concluida la Segunda Guerra Mundial, comenzó su andadura editorial en Francia.

A día de hoy, la novela corta de Antoine de Saint-Exupéry ha vendido más de 140 millones de copias y ha sido traducida a 250 idiomas y dialectos. También se halla disponible en braile y cuenta con numerosas adaptaciones al cine.





martes, 17 de abril de 2018

CONTACONTOS "EU CONTO, TI CANTAS...

POEMAS DE MARÍA VICTORIA MORENO A QUEN ESTÁ ADICADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
 OS ALUMN@S DE 1º e2º DE E.P. ASISTIRON A UN CONTACONTOS  IMPARTIDO POR IAGO LÓPEZ NO QUE AS POESÍAS DE MARÍA VICTORIA MORENO FORON AS PROTAGONISTAS.


domingo, 15 de abril de 2018

ROTEIRO LITERARIO: UN MAR DE LENDAS PENSANDO NO NOROESTE GALEGO

A LENDA DA RAÍÑA FALADORA DA SERRA

Era unha vez un rei suevo, chamado Remismundo que dominaba en Galicia alá pola Idade Media.

Conta a lenda que un día, un deses persoeiros malvados e troleiros que vivían na corte a expensas do poder, como as carrachas nos cans, foille ao rei Remismundo co conto que a súa dona, a raíña Hidelfrida, éralle infiel.

Non só a súa dona ten varios amantes, senón que é ruín cos seus propios fillos, dos que sempre fala mal. E foi ela mesma, quen ordenou matar ao seu fillastro.

O rei creu as plabras mentireiras. O desacougo inicial producido polo desamor foi dando paso no ánimo e no corazón do rei, a un sentimento de desprezo e vinganza contra a mala esposa e nai. E o castigo non se fixo esperar.

Días máis tarde. Remismundo ordenou enterrala viva alá no alto da Serra que parte de Bares e discorre paralela ao río Sor.

De nada lle serviron á raíña as súas explicacións, súplicas e bágoas. A sentenza real cumpriuse e Hidelfrida foi enterrada viva, baixo pedras na parte máis alta da serra.

Por riba da súa tumba só as aguias sobrevoaban e vixiaban desconfiadas os seus niños ante o paso das carretas cos seus arrieiros, sempre á procura de atopar entre os seus ovos a "pedra de aguiar" da que dicían que curaba envelenamentos, dores de ventre, lombrigas e ata a pleurite. Alí quedou Hidelfrida en vida, difamada e seca de tantos choros e plegarias.

Din que os seus queixumes e xemidos aínda hoxe saen entre as fendas das penas, resoan pregoando a súa dor, e outras rochas contéstanlle tratando de consolala. Disque é unha serra que coa raíña fala, por iso chámanlle a Serra da Faladoira.

ROTEIRO LITERARIO: UN MAR DE LENDAS PENSANDO NO NOROESTE GALEGO

O "ADEUS CARIÑO" DOS CELTAS

O actual porto de Cariño foi construído ó abrigo da Punta do Castro. Sobre esa altura existíu un castro marítimo, amurallado só nos reducidos tramos, onde non estaba protexido coa inmellorable defensa natural dos altos e escarpados cantís.

Conta a lenda que o señor do Castro, a pesar do seu poder, era ás veces consumido pola melancolía. A súa filla, a fermosa princesa loira, por causas descoñecidas acababa de morrer, e a enterraran nunha mámoa no alto da Serra da Capelada.

No tempo dos Celtas pasou por diante de Ortegal a expedición de Ith, o fillo do rei Breogán, que dende a Coruña dirixíase a Irlanda, e fixo escala na Praia cercana ó castro. Corenta e nove xefes celtas cos seus homes e navíos compoñían a expedición, e a ela uníronse o Señor do Castro e os fillos. Ó partiren, xa rumbo á Estaca de Bares, o pai e irmáns da princesa morta, miraron cara ós montes e dixeron: 
-"Adeus, cariño".
Anos máis tade, o xefe celta Lughidh regresou a Galicia para traer a soterrar o cadáver do seu pai Ith, en terras de Breogán. Ó zarparen de novo a Coruña, aquel antigo xefe do Castro e os fillos sentían por segunda vez a tristura no seu corazón e despedían á princesiña ollando para a tumba da Capelada, dicindo:
-"Adeus, cariño"

ROTEIRO LITERARIO: UN MAR DE LENDAS PENSANDO NO NOROESTE GALEGO

O SAN VICENTE ENCADEADO DA IGREXA DE FERREITA EN SAN SADURNIÑO

Na igrexa parroquial de Ferreira, no concello de San Sadurniño, hai unha imaxe de San Vicente encadeado.

Dende a cima do Pico de Ferreira albíscase a igrexa e todo o val, que baixa a San Sadurniño, e tamén se pode contemplar outros moitos vales, montes e o mesmo mar. Neste curuto de vexetación escasa, nunhas rochas que configuran o terreo hai escavado un oco en forma de sartego antropomorfo.

Conta a lenda que o oco era a cama dun eremita que vivía alí solitario, canonizado posteriomente. Co tempo, a igrexa de Ferreira, adicada a San Pelaio, tivo unha imaxe do eremita San Vicente. Pero disque polas noites a imaxe desaparecía, e sempre era atopada na súa antiga cama de pedra do Pico.

O santo debía de ter saudade das vistas e do aire limpo, ou se cadra xa non estaba afeito á compaña doutros santos. Os veciños fartos de ir cada día búscalo, decidiron atalo cunha cadea.

Enriba do Pico de Ferreira, agora a cama está baleira, esperándoo.

sábado, 14 de abril de 2018

ROTEIRO LITERARIO: UN MAR DE LENDAS PENSANDO SOBRE O NOROESTE GALEGO

A SERPE DO BELELLE NO CONCELLO DE FENE
Conta a lenda que hai moitos anos, no concello de Fene, en Sillobre, no pozo negro da presa do Belelle, vivía unha gran serpe con dúas ás e cuberta de anchas escamas, que durmía arrolada no berce das augas con sabas de limo e colcha de xuncos e de herbas acuáticas.

Ela era moi viaxeira. Coas ás pequerrechas a penas conseguía soportar o voluminoso corpo nun voo rasante. Con esforzo e moito entreno lograba percorrer a zona enteira ata a Praia de Cabanas. Hai quen di que o instinto maternal insatisfeito a levaba a tomar as nove ondas, ou tal vez os nove baños, porque fillos nunca se lle coñeceran.

Quen a vía ao pasar por alí, quedaba aterrado. O medo estendeuse pola vila e planearon matala. Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns madeiros unhas puntiagudas estacas, a modo de afíadas lanzas. Colocáronse coas puntas cara arriba, na ruta da serpe en dirección a Cabanas, por onde voaba baixiño e mesmo ás veces pousabase a descansar. E alí un día quedou espichada.

Os berros da lenta agonía da serpe, escoitáronse moi lonxe de alí. As escamas defensivas do seu corpo nada puideron ante o home, depredador insaciable.

Agora as augas do Río Belelle xa non discorren cantareando senón laiando.


ROTEIRO LITERARIO: UN MAR DE LENDAS PENSANDO SOBRE O NOROESTE GALEGO.

CAMIÑO DE CHAMORRO

Conta a lenda que nenos e maiores das parroquias de Serantes,  A Graña, da vila de Ferrol... ían de romería unha vez ao ano a Nosa señora do Nordés.

Tiñan que camiñar e subir a costa cara a Chamorro, onde estaba situado o santuario dende o S. XVI. Os romeiros e romeiras levaban sardiñas, pan de centeo, castañas e rosquillas de mel.

A virxe do Nordés érache moi querida e milagreira: os pescadores pedíanlle sorte na pesca e librar das tempestades do mar; os campesiños do lugar suplicaban boas colleitas, evitando as sequías e temporais. E todos esperan a axuda da virxe.

Contan que era o ano 1666, e a recén formada Confradía da virxe de Chamorro organizara a romaría para difundir aínda máis a súa devoción. Desde o alto do monte podían divisar a ría, coas escuadras reais invernando e esperando a orde de partir con destino a algunha batalla naval. Tamén vían a pequena vila mariñeira de Ferrol.

Din que un día un pescador, co bote a punto de afundir baixo o mar embravecido, implorou axuda da virxe do Nordés e, angustiado, exclamou: - Xa morro!
A virxe fixo a milagre e salvouno daquela tempestade. Din que dende entón chamáronlle a ermida de Chamorro.

Na realidade o nome procede da forma e do estado do monte rochoso. Pero, como sabemos todos, as lendas son fermosas historias cheas de fantasía que forman parte da nosa cultura popular.